As Camelias ( Camellia sp.)
Con máis de 1000 variedades en colección, e unha producción de 300 variedades anuais para coleccionistas e profesionais, a Camelia é unha importante parte da nosa empresa.
Son máis de trinta os anos que levamos a xuntar, clasificar, importar, buscar; e moitas veces con moitas dificultades e importante custe, a colección varietal da que hoxe dispomos.
A pretensión desta páxina é a de por a disposición de coleccionistas, aficionados, e profesionais unha ferramenta de información sobre as características da floración (fotografía), e a disponibilidade de planta o máis actualizada que podamos.