Sobre Nós
Somos unha empresa familiar fundada como s.l. no ano 1997, pero que ven traballando no sector dende 1974. Nesta década Evaristo Moreira e Manola Vilariño comezaron unha xeira que nos ten levado ata onde agora estamos.
Esta tradición de anos veu sempre chea de innovacións e cambios, de novas tarefas, novos obxectivos, novos camiños, coa forte base de quen aprendeu facéndose.
Esta páxina tenta ter moito que ver con esa constante sede de avanzáremos.